Acabamos o mes cun Repair Café. O 27/02 no Museo Domus na Coruña.
17:30h. Comezamos falando de Zerotier, unha ferramenta que permite conectividade entre dispositivos coma se estivesen na mesma casa
18h. Mini charla sobre unha app libre para navegación, CoMaps. Abandona G**gleMaps por unha que non recopile os teus datos persoais.
18.30h. Espazo de reparación colectiva. Trae o aparello que tes pendente arranxar e aprende a facelo ti mesma coas compañeiras.